Diócesis de Lugo

Delegación episcopal de Liturgia
Religiosidad popular Y Patrimonio histórico artístico

 

Concerto espiritual
In festo Sanctae Ceciliae

Lugo, Capela do Carme
Mércores 24 de novembro 2021, 19.30

divider

Concentus Lucensis

Esperanza Iglesias, soprano
Carmen Prendes, alto
Fernando G. Jácome, alto/tenor
Giulio Mercati, tenor/baixo/órgano positivo
Antón Castro, baixo

Alberto Melgrati, óboe

Margarita López Blanco, lecturas

Programa

Georg Friedrich Händel (1685-1759)
Dank sei dir, Herr – Para óboe, 4 voces e órgano

Guillaume Dufay (c.1397-1474)
Ave, Regina caelorum – A 3 voces

Francisco Guerrero (1528-1599)
Ave, virgo sanctissima – A 5 voces

Antonio Vivaldi (1678-1741)
Sonata para óboe e baixo continuo en sol menor, RV 28
Largo, Allegro, Largo, Allegro

Thomas Tallis (1505-1585)
If ye love me – A 4 voces

Lectura
Francisco Guerrero (1528-1599)
Virgen santa – A 5 voces

Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594)
Alma Redemptoris Mater – A 4 voces

Alessandro Marcello (1669-1747)
Concerto en re menor para óboe – Andante e spiccato, Adagio, Presto

Lectura
Tomás Luis de Victoria (1548-1611)
Gaude, Maria virgo – A 5 voces

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Jesu bleibet meine Freude – Para óboe, 4 voces e baixo continuo

Concentus Lucensis

O Concentus Lucensis é un grupo vocal nado dos fecundos encontros artísticos que teñen lugar durante as edicións do Festival Internacional de Órgano e do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orfeón Lucense e do Gruppo Vocale S. Bernardo, agrupación que desenvolve a súa actividade principal entre Saronno (Italia) e Lugano (Suíza). O Concentus Lucensis canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte vocal, abordando un extenso repertorio, cunha predilección particular pola polifonía renacentista.

Alberto Melgrati

Nado en Imperia (Italia), Alberto Melgrati comezou os seus estudos á idade de dez anos. Graduouse no Conservatorio de Piacenza, baixo a tutela de Francesco Ranzani, primeiro óboe no Teatro alla Scala. Completou os seus estudos musicais en Verona e Salzburgo con Diego Dini Ciacci. Alberto Melgrati é extremadamente activo e estimado coma concertista: tocou en Francia, Canadá, Suíza, Bélxica, Alemaña e Eslovenia en tempadas sinfónicas e festivais de cámara. Tamén é activo coma oboísta en moitas orquestras importantes baixo a dirección de Riccardo Muti, Julius Kalmar, Peter Maag e Stefano Montanari entre outros. Foi acompañado por importantes orquestras, xunto as cales interpretou numerosos concertos para óboe e orquestra dende Bach, Vivaldi, Händel, Marcello e Cimarosa ata Margola. Tocou, así mesmo, para un importante proxecto, que involucraba á famosa poeta Alda Merini e ao compositor Giovanni Nuti, no cal realizou numerosas gravacións e concertos en vivo. En 1995, Alberto Melgrati recibiu cum laude o grao en Literatura Italiana na Università Cattolica del Sacro Cuore de Milán.

Notas ao programa

A parte coral a capela do programa propón seis motetes do Renacemento, todos eles de autores relacionados coa Escola Romana de composición, exceptuando o motete Ave Regina caelorum de Dufay, ascendente das numerosas xeracións de compositores franco-borgoñóns e polo tanto flamencos, que viaxaban por Europa, modelando o gusto do estilo renacentista pleno. O mesmo Dufay pasou algúns anos en Italia e foi chamado polo papa Euxenio iv a compoñer pezas para a consagración de S. María del Fiore en Florencia, coa nova cúpula de Brunelleschi, o 24 de marzo de 1436. Palestrina é o autor principal da Escola Romana, quen mellor ca ninguén soubo interpretar as prescricións do Concilio de Trento relativas á música, traducíndoas nun estilo que conseguía conciliar a polifonía complexa que lle chegaba dos flamencos coa comprensibilidade do texto que os pais conciliares esixían. Guerrero e de Victoria, influenciados ambos polas súas estadas en Roma (de Victoria foi probablemente alumno de Palestrina), levaron consigo a España o novo estilo, aínda que con modalidades e inclinacións diferentes. Tamén está relacionado co estilo romano Thomas Tallis, que, aínda que morreu en 1585 (tendo nacido en 1505), foi católico toda a súa vida, e moi considerado polos catro soberanos aos que serviu. O texto do seu motete retoma o verso 15 do Evanxeo de S. Xoán 14: «Se me amades, gardade os meus mandamentos, e eu rogarei ao Pai, e daravos outro Paráclito, para que estea convosco para sempre: o Espírito da verdade». Completan a parte coral dúas pezas con óboe e baixo continuo, o canto de grazas Dank sei dir, Herr, de Händel, e a célebre coral da Cantata BWV 147 de Bach. O programa inclúe tamén dúas pezas para óboe e órgano. En primeiro lugar, a Sonata en sol menor RV 28 de Antonio Vivaldi, para óboe e baixo continuo. A peza está construída segundo a estrutura da «sonata da chiesa», coa súa articulación lento-veloce-lento-veloce. Trátase dunha obra inspirada, que concilia —característica de Vivaldi— a exhibición virtuosa, a solidez da estrutura e as cantables melodías, sobre todo nos movementos lentos. Completa o programa o famoso Concerto en re menor de Alessandro Marcello, obra amada e transcrita por Bach para clavicémbalo.