Viae lucenses – Terzo Concerto
Concertos no Camiño – Viae lucenses
4 Agosto 2022
21:00
Melide - Igrexa de S. Pedro

Son de corda
Esperanza Iglesias, soprano
Carmen Prendes, contralto
Fernando G. Jácome, tenor
Antón Castro, baixo

Díese Ensemble
Iván Martínez Sabio, clarinete
Marcos Castedo de la Fuente, clarinete
Miguel Ángel Díaz Valdés, clarinete
Diego Bermúdez Gato, clarinete

Wolfgang Amadeus Mozart (1756 – 1791)
Eine kleine Nachtmusik, K 525
Allegro
Para cuarteto de clarinetes

Tomás Luis de Victoria (1548 – 1611)
– O quam gloriosum est regnum
– Ne timeas, Maria
– O magnum mysterium
– Popule meus, quid feci tibi?
A 4 voces

Ludwig van Beethoven (1770 – 1827)
Sonata quasi una fantasia, op. 27 n.º 2
Adagio sostenuto
Para cuarteto de clarinetes

Francisco Guerrero (1528 – 1599)
O Domine Iesu Christe
A 4 voces

Anónimo, Catedral de Lugo (1760)
Magnificat
A 4 voces

Angelo Inzenga (s. XVIII- 1860)
Nocturno a tres voces
Para cuarteto de clarinetes

Jean-Philippe Rameau (1683 – 1764)
Hymne à la Nuit
Para cuarteto de clarinetes

Wolfgang Amadeus Mozart (1756 – 1791)
6 Elevacións (Nocturnos)
– Sit laus plena, sit sonora, K 346/439ª
– Ecce panis angelorum, K 438
– Quibus sub bina specie , K 439
– Panis angelicus, K 549
– Verbum supernum prodiens, K 436
– O salutaris hostia, K 437
Para cuarteto de clarinetes e cuarteto vocal

O cuarteto vocal Son de Corda ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumental, ben sexa dun instrumento acompañante ou dunha agrupación. Piar básico do noso cuarteto e o de ter un amplo repertorio lusófono (galego, portugués, brasileiro…) e para iso estamos en contacto con compositoras/es e arranxistas, para «actualizar» a nosa música medieval, tradicional e de autor/a. Tamén nos guía para o noso traballo a utilización dos instrumentos históricos do noso país (órganos e reproducións dos instrumentos dos pórticos das catedrais galegas), para a difusión da música feita para eses instrumentos. Son de corda somos unha formación relativamente nova, xa que aínda non hai dous anos que empezou a nosa andaina. Demos varios concertos na cidade de Lugo e A Coruña. O noso último concerto foi a participación no ciclo de música sacra «Ó son de Santa María» en Vilabade (Castroverde) compartindo programa co organista italiano Giulio Mercati.

Iván Martínez Sabio
Naceu en Ortigueira (A Coruña) en 1981. Comezaría os seus estudos musicais de clarinete e piano no seo da Banda Escola do pobo e da academia Maruxa Lema. Os estudos medios realizounos no Conservatorio de Viveiro con F. Javier Vidal Suárez (clarinete) e Eloisa Pérez Lage (piano). Os estudos superiores cursounos no Conservatorio Superior de A Coruña con Carlos Casadó (clarinete) e Natalia Lamas e Ana Poghosian (piano). Rematada a carreira de piano e clarinete, realizou un máster en interpretación e análise na Universidade de Oviedo con Javier Balaguer (clarinete) e Ramón Sobrino (análise) e posteriormente formaríase na dirección musical con J. R. Pascual Vilaplana. Ao longo dos anos asistiu a clases con grandes intérpretes de piano, clarinete, música de cámara e dirección e realizou concertos como solista e como director en varios países. Desde o 2009 é profesor de clarinete no Conservatorio Profesional de Lugo e dirixe a Banda Filarmonica e neste ano 2021 acaba de publicar a revisión para banda da obra Fantasía Sobre Aires Gallegos de Juan Montes.

Marcos Castedo de la Fuente
Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, con Uxío Pazos Pintor e Mª Mar Miranda López. Anos mais tarde, retoma as ensinanzas profesionais con Iván Martínez Sabio, obtendo o Premio Fin de Grado. Continúa os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña da man de profesores como Jose María Belló García e Marta Sancho Andrés, rematando no ano 2021. Ademais da formación regrada, recibe clases por parte de recoñecidos interpretes tanto de clarinete como de música de cámara. Entre estes destacan Cristo Barrios, Antonio Suárez, Javier Balaguer, Darío Mariño, Josep Sancho, Cibrán Sierra, Irene Alfageme, etc. Durante estes anos participa en diversas agrupacións de cámara así como na orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Dende o ano 2013 forma parte de Banda Filarmónica de Lugo.

Miguel Ángel Díaz Valdés
Comezou a estudar música da man do mestre Indalecio Fernández Groba na Academia da Banda Municipal de Lugo. Posteriormente continuou a súa formación musical na especialidade de clarinete nos Conservatorios de A Coruña e Santiago de Compostela, cidade esta última na que remataría tamén a carreira de Dereito. Formou parte da Banda Municipal de Lugo ao longo de case vinte anos. Dende o ano 1999 traballa como profesor de música de secundaria e bacharelato, actividade que compaxina coa participación en diversas agrupacións musicais da súa cidade, como o coro Solo Voces, a agrupación de cámara Lucus Ensemble, o grupo de música tradicional Tundal ou a Banda Filarmónica de Lugo.

Diego Bermúdez Gato
Comeza os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo con José Ramón Saborido Roca rematando a súa formación no 2019 obtendo o Premio Fin de Grao. Posteriormente, nese mesmo ano, avanza na súa formación no Conservatorio Superior de Música de A Coruña da man das profesoras María Eugenia Bolaño Amigo e Marta Sancho Andrés, cursando actualmente terceiro de Grao Superior. Ademais da formación regrada, recibe clases por parte de recoñecidos intérpretes de clarinete. Entre eles destacan Javier Balaguer, José-Franch Ballester, José Luis Estellés, etc. Durante estes anos participa en diversas agrupacións de cámara así como na orquestra Gaos. Dende o año 2013 forma parte da Banda Filarmónica de Lugo.