Viae lucenses – Secondo Concerto
Concertos no Camiño – Viae lucenses
28 Luglio 2022
21:00
Portomarín - Igrexa de San Xoán

Alessandra Montani, violonchelo
Fabio Ciofini, órgano positivo

Georg Philipp Telemann (1681-1767)
Sonata en re maior, TWV 41D6
Lento, Allegro, Largo, Allegro
Para violonchelo e baixo continuo

Johann Adam Reincken (1623 – 1722)
Fuga
Para órgano

Alessandro Scarlatti (1660-1725)
Sonata I
Largo, Allegro, Largo, A tempo giusto
Para violonchelo e baixo continuo

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Preludio e Corrente
da Suite para violonchelo só en sol maior, BWV 1007

Antonio Vivaldi (1678-1741)
Sonata, Rv 47
Largo, Allegro, Largo, Allegro
Para violonchelo e baixo continuo

Johann Sebastian Bach
Concerto, BWV 972
Allegro assai, Largo, Allegro
Para órgano

Francesco Geminiani (1687-1762)
Sonata V op. 5
Adagio, Allegro moderato, Adagio, Allegro
Para violonchelo e baixo continuo

Alessandra Montani
Alessandra Montani graduouse con honores en 1996 no Conservatorio Morlacchi en Perugia con Francesco Pepicelli. Continuou os seus estudos con Mario Brunello (Accademia Chigiana de Siena), Marianne Chen (Centro Sammarinese Studi Musicali), Rocco Filippini e, para música de cámara, Pier Narciso Masi (Imola Music Academy) e Franco Rossi. En 2007 obtivo o seu grao académico de máximo nivel no Istituto Musicale Pareggiato Briccialdi en Terni coas máximas cualificacións e en 2010 facultouse para ensinar. Foi galardoada con numerosos premios en competicións nacionais e internacionais (Stresa, Lamezia Terme, Vittorio Veneto). Comezou unha intensa actividade tocando con moitas agrupacións (Solisti Aquilani, Orquestra de Cámara de Umbría, Orquestra de Roma como concertino) e actuando en importantes asociacións en España, en Portugal, Países Baixos, Finlandia, Alemaña, Serbia, Suíza, Reino Unido (Wigmore Hall en Londres), Rusia (Ekaterimburg Philarmonie), Estonia, e en varias ocasións en EUA, Canadá, Xapón, México, Bélxica, Alxeria e Noruega. Debido á súa gran dedicación á música de cámara, tocou en EUA, Canadá, España, Alemaña, Austria e Francia con diferentes grupos dende cuartetos ata sextetos. Gravou os quintetos para clarinete e cuarteto de corda de Mozart e Brahms para a discográfica Bottega Discantica, interpretando este programa en emisións internacionais para a emisora Euroradio dende o Pazo do Quirinal da República italiana. No 2000 aborda a música antiga, descubrindo unha verdadeira paixón por este repertorio e por este tipo de interpretación. A continuación, comeza o estudo do instrumento barroco, asistindo á Scuola Civica de Milán con Gaetano Nasillo e prosegue os seus estudos para adquirir coñecementos máis profundos sobre os compositores deste período. É membro fundadora da Hermans Baroque Academy, coa cal gravou catorce CD para Bongiovanni, Tactus, Bottega Discantica, Brilliant Classics e Glossa. En 2003 uniuse ao Quartetto di Roma, co cal acudiu a numerosos festivais europeos. En 2008 realizou concertos e clases maxistrais para Academia de Belas Artes de Singapur e en 2016 para a Universidade de Stanford en San Francisco. En 2010 e en 2011 foi convidada a tocar para a prestixiosa Filharmónica de Berlín. En España, en 2010, tivo a honra de tocar os valiosos Stradivarius do Palacio Real de Madrid. Con este grupo gravou oito CD.

Fabio Ciofini
Fabio Ciofini estudou órgano, piano e fortepiano no Conservatorio de Perugia con W. van de Pol, M.F. Spaventi e C. Veneri, tamén estudou clavicémbalo na Escola de Música en Fiesole con A. Fedi. Continuou os seus estudos de órgano no Sweelinck Conservatorium en Ámsterdam con J. van Oortmerssen obtendo, en 1999, o posgraduado en música antiga. En 1995 foi nomeado organista titular na Collegiata de S. Maria Maggiore en Collescipoli no órgano histórico W. Hermans (1678). Realiza regularmente concertos  en Italia, Europa, EUA, Canada, Mongolia e Xapón e adoita ser convidado a importantes festivais (Festival Lufthansa, Oude Muziek – Utrecht, Festival Vantaa Baroque, etc.). Dá conferencias e clases maxistrais (Xàbia, España – Festival Internacional de Música Barroca; California State University of Chico, Arizona State University of Phoenix e na Washington State University of Seattle – clases maxistrais de órgano; Oundle International Festival, Inglaterra – clases maxistrais de órgano; conservatorios de Pamplona, Banska, Bystrika, etc.). Gravou e interpretou en vivo para as máis importantes radios nacionais europeas (BBC, ZDF, YLE, RAI, etc.). As súas interpretacións de música antiga e barroca son amplamente  aprezadas. Fabio Ciofini é tamén activo como director. Grava para Bottega Discantica (Milán), para Loft Recordings (Seattle), Brilliant Classics (Ámsterdam) e Glossa (Madrid). É director da Accademia Hermans, coa cal traballou cos máis grandes solistas: o violinista Enrico Gatti, a soprano Roberta Invernizzi, o fortepianista Bart van Oort (con quen gravou os concertos KV 466 e 467 de W.A. Mozart para piano e orquestra, valorada pola crítica coma «excepcional» – 5 estrelas, revista Musica), etcétera. O seu último traballo, o opus 4 de Corelli, gravado co Ensemble Aurora (Glossa) gañou o Diapason d’Oro e o Deutschen Schallplattenkritik. Ensina instrumentos históricos de teclado no Conservatorio G. Briccialdi de Terni. Dende 2010 é director artístico da Fundación Brunello e Federica Cucinelli (Solomeo, Perugia). En 2020 foi nomeado director artístico do Festival Segni Barocchi.