Ó son de Santa María – Secondo Concerto
Concertos no Camiño – Concentus lucensis
8 Luglio 2022
20:00
Castroverde - Igrexa de Santiago

Son de Corda
Gruppo vocale S. Bernardo
Quartetto di Brescia
Emanuele Quaranta, Stefano Belotti,
Alberto Pedretti e Fabio De Cataldo, trombóns
Nicolás Varela, órgano positivo
Giulio Mercati, director

Jacob Handl (1550-1591)
Sapientiam omnium
A 12 voces

Biagio Marini (1663-2013)
Canzona a 4
Para cuarteto de trombóns

Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594)
Tu es Petrus
A 6 voces

Giovanni P. da Palestrina (1525 – 1594)
Sicut cervus
A 4 voces

Luca Marenzio (1554-1599)
Sepelierunt Stephanum
Para cuarteto de trombóns

Luca Marenzio (1554-1599)
Super flumina
A 12 voces

Max Reger (1873-1916)
Nachtlied, op. 138 n.º 3
A 5 voces

Tomás Luis de Victoria (1548 – 1611)
O quam gloriosum est regnum
A 4 voces

Samuel Scheidt (1587-1654)
Canzon Cornetto
Para cuarteto de trombóns

Giulio Mercati (1971)
Santa María, strela do día
A 7 voces

Anónimo, Catedral de Lugo (1760)
Magnificat
A 4 voces

Luca Marenzio (1554-1599)
Chi vuol udir
Para cuarteto de trombóns

Hieronymus Praetorius (1560-1629)
Tota pulchra es
A 12 voces

O cuarteto vocal Son de Corda ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumental, ben sexa dun instrumento acompañante ou dunha agrupación. Piar básico da noso cuarteto e o de ter un amplo repertorio lusófono (galego, portugués, brasileiro…) e para iso estamos en contacto con compositoras/es e arranxistas, para “actualizar” a nosa música medieval, tradicional e de autor/a. Tamén nos guía para o noso traballo a utilización dos instrumentos históricos do noso país (órganos e reproducións dos instrumentos os pórticos das catedrais galegas), para a difusión da música feita para eses instrumentos. Son de corda somos unha formación relativamente nova, xa que aínda non hai dous anos que empezou a nosa andaina. Demos varios concertos na cidade de Lugo e A Coruña. O noso último concerto foi a participación no ciclo de música sacra “O son de Santa Maria” en Vilabade (Castroverde) compartindo programa co organista italiano Giulio Mercati.

Gruppo vocale S. Bernardo
O Gruppo vocale S. Bernardo foi fundado en 1995, tendo como finalidade primaria a animación musical para a liturxia. Giulio Mercati é o director da agrupación dende a súa fundación. En 1999, a formación comezou a realización de concertos, mantendo, porén, tamén nestas ocasións, a súa invitación á meditación e á oración a través da música. Co paso do tempo, o coro transformouse nun grupo de cámara que aborda con poucos elementos e a miúdo a partes reais, un repertorio moi extenso e complexo que se estende dende os cantos ambrosianos ata á polifonía renacentista, dende a literatura do século xix, ao repertorio do xx. A formación gravou o seu primeiro disco en 2018 para Tactus, produción adicada integramente ás obras de Giulio Mercati. O Gruppo Vocale S. Bernardo presta servizo no Santuario della Beata Vergine dei Miracoli e na igrexa de S. Francesco, en Saronno, e na igrexa de S. Maria degli Angioli en Lugano, con concertos e liturxias. A súa actividade é intensa e prezada.

O Quartetto di Brescia, coñecido previamente coma Mascoulisse Quartet, renaceu no verán de 2020 como signo de determinación, resiliencia e forza cando catro ben establecidos trombonistas  da cidade de Brescia, no norte de Italia, sentiron a necesidade de facer homenaxe á súa cidade que pagou un gran tributo á pandemia do Covid-19. Co desexo de mellorala e axudala nos desafíos sociais, culturais e artísticos que ten por diante. Polo tanto o Mascoulisse Quartet —Stefano Belotti, Fabio De Cataldo, Alberto Pedretti e Emanuele Quaranta, quen se graduaron como trombonistas coa máxima nota no Conservatorio Luca Marenzio en Brescia— cambiou o seu nome a Quartetto di Brescia, pero non a súa esencia de facer música que, por máis de dez anos, transmitiu ao público de Italia, Europa, Estados Unidos, Hong Kong, Macau e Omán. Sempre con programas innovadores, actuando como solistas, con orquestras e bandas ou en diferentes formacións, incluso en octetos de trombóns. O cuarteto conta con colaboracións con artistas internacionais, coma os trombonistas Stefan Schulz (Berliner Philharmoniker), Michel Becquet, Christian Lindberg, Vincent Lepape; a soprano Eleonora Buratto; o dúo de piano BiondiBrunialti; o organista Giulio Mercati e recentemente co trompetista Andrea Giuffredi. O Quartetto di Brescia interpretou nalgúns dos máis importantes festivais de música e auditorios do mundo coma a Royal Opera House en Muscat, Y-Theatre en Hong Kong, Spectrum Concert Hall en Nova York, Koufonisia Classical Music Festival, Klassisk Musik Festival en Horsens, Società del Quartetto di Milano e moitas outras. Apareceron como invitados na principal emisora de radio italiana Rai Radio 3 e en Onda Cero de España. Publicaron varios CD (Onde Antiche e Moderne, Masterbrass IV Live e Between Earth and Heaven de Aurelio Canonici) e a serie Bach for All con Aldebaran Editions. O cuarteto gañou numerosos premios internacionais e dende 2011 organiza o Masterbrass Festival, tomando o triplo rol de mestres, organizadores e solistas mentres dan hospedaxe e tocan xunto con algúns dos mellores intérpretes de metal do mundo. Ademais, realizan frecuentemente seminarios e clases maxistrais en conservatorios italianos. En 2017 fundaron a Masterbrass Academy, unha escola para intérpretes de metal que instrúe a novos talentos a través de innovadores métodos de ensinanza.