Noite Coral Lucense – Secondo Concerto
Concertos no Camiño – Noite coral lucense
9 Luglio 2022
21:10
Lugo - Igrexa de S. Froilán

Solo Voces
Fernando Gómez Jácome, director

Anton Bruckner (1824 – 1896)
Locus iste

Edward Grieg (1843 – 1907)
Ave maris stella

Xoán Montes (1840 – 1899)
Genitori

Jouzas Naujalis (1869 – 1934)
In monte oliveti

G. Leitung (n. 1967)
Christus factus est pro nobis

Bob Chicott (n. 1955)
Were you there?

Philip Stopford (n. 1977)
Lully, Lulla, Lullay

O Grupo Vocal Solo Voces foi fundado en Lugo no ano 1992 polo seu actual director, Fernando Gómez Jácome, coa idea de facer repertorio a capela por un lado de arranxos de música moderna e por outro da interpretación da música antiga. Co tempo converteuse nun coro de cámara que lle permitiu acceder a outro tipo de repertorio, especializándose na recuperación da música vocal galega, tanto a capela como colaborando coas principais orquestras galegas: Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Vigo 430, e outras formacións como a Orquestra clásica de Xove ou o Orpheon Consort de Viena e instrumentistas como os organistas Juan de la Rubia, Arturo Barba, Inge Beck, Ulrike Northoff, Gabriele Giacomelli e Giulio Mercati. Tamén ten investigado e realizado en concertos repertorios dos arquivos de música da Catedral de Lugo e do Seminario Diocesano de Lugo, esencialmente de músicos locais como Xoán Montes e Juan Antonio Moreno Fuentes. Ten participado en Festivais de Música como o IX Certame de Música Sacra de Ourense, diversas edicións da Semana de música do Corpus lucense e do Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, VII Bienal de polifonía regional autóctona (Cangas de Onís), II e VI Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Temporada de Música Antiga no Douro en Lamego (Portugal). Tamén destaca a participación no II Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STELLAE e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS, que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.

Fernando Gómez Jácome iniciouse na música con Xosé Castiñeira á idade de 14 anos. Aínda que a súa formación musical é basicamente autodidacta formouse en dirección coral con mestres nacionais e internacionais como Manel Cabero, Javier Busto, Julio Domínguez, Carl Høgset ou Fernando Eldoro, e en técnica vocal con Antón de Santiago, Montserrat Pueyo, Kevin Smith, entre outros. Ten impartido seminarios, cursos e obradoiros de música coral na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e para outras institucións. Nos últimos anos forma parte do equipo docente do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo. No 1992 fundou o grupo vocal Solo Voces e na actualidade dirixe varias formacións corais na cidade de Lugo.