Noite Coral Lucense – Quinto Concerto
Concertos no Camiño – Noite coral lucense
8 Luglio 2023
23:10
Lugo - Claustro da Catedral de Santa María

Orfeón Lucense
Solo Voces
Gruppo vocale S. Bernando
Coro do Hospital de Lugo
Esperanza Iglesias, soprano
Nicolás Varela, órgano positivo
Concentus Instrumentalis Lucensis
Fernando G. Jácome, director

Joseph Haydn (1732-1809)
Missa brevis Sancti Joannis de Deo, Hob.XXII:7. (c. 1775)
Kyrie, Gloria, Credo, Sanctus, Benedictus, Agnus Dei

Orfeón Lucense
O Orfeón Lucense, que ten como antecedente o fundado no século XIX polo ilustre compositor Xoán Montes, é un grupo coral creado en 1982 en Lugo polo sacerdote e compositor Xosé Castiñeira Pardo, quen foi mestre da capela da Catedral de Santa María de Lugo e un destacado promotor da vida musical e cultural da cidade. A súa condición de coro titular da Catedral explica o peso da música sacra no repertorio do grupo, non en van un dos motivos da fundación foi a creación dun conxunto permanente de voces que lle dese relevancia e brillo á liturxia e outras celebracións da Catedral. Neste sentido, o desexo dos sucesivos directores de incorporar ao repertorio de pezas en varios idiomas, e de autores tanto españois como internacionais, desde Mozart a Kodaly, desde Dvorák ás Cantigas de Afonso X o Sabio, non limitado ao consagrado e coñecido nin a unha certa época histórica. Pero para o Orfeón Lucense a música secular é tan importante como a música relixiosa. Se en 1992 interpretou Non chores Sabeliña cun notable éxito de público, hoxe en día é frecuente a presenza de pezas corais de zarzuelas, así como a interpretación de pezas tradicionais galegas. No 2009, comezou unha decisiva etapa baixo a dirección de Xesús Mato Mato, prestixioso musicólogo e activista musical e social, que transmitiu ao Orfeón a alegría e vivacidade que o caracterizan, unindo á formación e fortalecendo a súa vocación de Coro oficial da Catedral lucense e agrupación senlleira na provincia de Lugo. Desde 2012 é o seu director Marcos Manuel Fernández Mosquera que emprendeu a tarefa de renovar con rigor a través da incorporación de novas voces e a ampliación do repertorio con novos estilos e formas musicais, pero sen desvirtuar nin perder de vista a propia identidade da agrupación.

O Grupo Vocal Solo Voces foi fundado en Lugo no ano 1992 polo seu actual director, Fernando Gómez Jácome, coa idea de facer repertorio a capela por un lado de arranxos de música moderna e por outro da interpretación da música antiga. Co tempo converteuse nun coro de cámara que lle permitiu acceder a outro tipo de repertorio, especializándose na recuperación da música vocal galega, tanto a capela como colaborando coas principais orquestras galegas: Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Vigo 430, e outras formacións como a Orquestra clásica de Xove ou o Orpheon Consort de Viena e instrumentistas como os organistas Juan de la Rubia, Arturo Barba, Inge Beck, Ulrike Northoff, Gabriele Giacomelli e Giulio Mercati. Tamén ten investigado e realizado en concertos repertorios dos arquivos de música da Catedral de Lugo e do Seminario Diocesano de Lugo, esencialmente de músicos locais como Xoán Montes e Juan Antonio Moreno Fuentes. Ten participado en Festivais de Música como o IX Certame de Música Sacra de Ourense, diversas edicións da Semana de música do Corpus lucense e do Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, VII Bienal de polifonía regional autóctona (Cangas de Onís), II e VI Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Temporada de Música Antiga no Douro en Lamego (Portugal). Tamén destaca a participación no II Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STELLAE e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS, que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.

O Coro do Hospital de Lugo naceu no 1991 no antigo Hospital Xeral de Lugo. Como entidade ligada ao mundo sanitario participa nos actos culturais do novo complexo Lucus Augusti, en eventos do Colexio Médico, da Escola Universitariae do Colexio de Enfermería. Fóra de Galicia actuou en León, Avila, Toledo, París, Viena, Praga, Budapest, Roma (Basílicas de San Pedro, Santa María Maggiore e igrexaespañola de Santiago de Monserrat). No 2007, co gallo do Centenario do Centro Gallego, convidada polo «Instituto de Cultura Galega», viaxou ata Buenos Aires, onde celebrou tres concertos. En Portugal ten participado en Linda-Velha (Lisboa) e nos Encontros musicaisen Terras da Feira(Casa da Gaia, Argoncilhe), e Póvoa de Varzim. Participou nos Certames da TVG «Con Música Propia», Corais galegas «Vila de Marín» e «Galicia Cantat», por Fecoga e Xunta de Galicia, Concellería de Cultura. Nos últimos anos ven participando na Noite Coral lucense (anos 2018, 2019 e 2021). Ten gravados 2 cedés:DEZ ANOS CANTANDO (2001) eVINTE ANOS CANTANDO (2011). Desde hai preto de 30 anos o seu director é Fernando Gómez Jácome.

Gruppo vocale S. Bernardo
O Gruppo vocale S. Bernardo foi fundado en 1995, tendo como finalidade primaria a animación musical para a liturxia. Giulio Mercati é o director da agrupación dende a súa fundación. En 1999, a formación comezou a realización de concertos, mantendo, porén, tamén nestas ocasións, a súa invitación á meditación e á oración a través da música. Co paso do tempo, o coro transformouse nun grupo de cámara que aborda con poucos elementos e a miúdo a partes reais, un repertorio moi extenso e complexo que se estende dende os cantos ambrosianos ata á polifonía renacentista, dende a literatura do século xix, ao repertorio do xx. A formación gravou o seu primeiro disco en 2018 para Tactus, produción adicada integramente ás obras de Giulio Mercati. O Gruppo Vocale S. Bernardo presta servizo no Santuario della Beata Vergine dei Miracoli e na igrexa de S. Francesco, en Saronno, e na igrexa de S. Maria degli Angioli en Lugano, con concertos e liturxias. A súa actividade é intensa e prezada.