
Concertos no Camiño – Noite coral lucense | |
8 Luglio 2023 | |
20:30 | |
Lugo - Igrexa de S. Pedro |
Orfeón Lucense
Marcos Manuel Fernández Mosquera, director
Luis Varela Castiñeira, órgano
Nuria Fernández Álvarez, viola
Pierre de la Rue (1460-1518)
O salutaris Hostia
Anónimo S. XVI
Gesù sommo conforto
Anónimo XVII
Vero Amor è Gesù
Anónimo XVII
Ecce novum gadium
Atribuido a W.A Mozart (1756-1791)
Qui presso a te
Giacomo Puccini (1858-1924)
Requiem
José Castiñeira Pardo (1928-1982)
Reina de cielo
Orfeón Lucense
O Orfeón Lucense, que ten como antecedente o fundado no século XIX polo ilustre compositor Xoán Montes, é un grupo coral creado en 1982 en Lugo polo sacerdote e compositor Xosé Castiñeira Pardo, quen foi mestre da capela da Catedral de Santa María de Lugo e un destacado promotor da vida musical e cultural da cidade. A súa condición de coro titular da Catedral explica o peso da música sacra no repertorio do grupo, non en van un dos motivos da fundación foi a creación dun conxunto permanente de voces que lle dese relevancia e brillo á liturxia e outras celebracións da Catedral. Neste sentido, o desexo dos sucesivos directores de incorporar ao repertorio de pezas en varios idiomas, e de autores tanto españois como internacionais, desde Mozart a Kodaly, desde Dvorák ás Cantigas de Afonso X o Sabio, non limitado ao consagrado e coñecido nin a unha certa época histórica. Pero para o Orfeón Lucense a música secular é tan importante como a música relixiosa. Se en 1992 interpretou Non chores Sabeliña cun notable éxito de público, hoxe en día é frecuente a presenza de pezas corais de zarzuelas, así como a interpretación de pezas tradicionais galegas. No 2009, comezou unha decisiva etapa baixo a dirección de Xesús Mato Mato, prestixioso musicólogo e activista musical e social, que transmitiu ao Orfeón a alegría e vivacidade que o caracterizan, unindo á formación e fortalecendo a súa vocación de Coro oficial da Catedral lucense e agrupación senlleira na provincia de Lugo. Desde 2012 é o seu director Marcos Manuel Fernández Mosquera que emprendeu a tarefa de renovar con rigor a través da incorporación de novas voces e a ampliación do repertorio con novos estilos e formas musicais, pero sen desvirtuar nin perder de vista a propia identidade da agrupación.
Marcos Manuel Fernández Mosquera
Natural de Oviedo, é nesta cidade onde contacta por primeira vez coa música coral formando parte como neno cantor da Escolanía del Cristo de las Cadenas. En 1992, trasládase a Lugo e entra a formar parte do Orfeón Lucense onde, animado polo daquela director Nemesio Gutiérrez, realiza estudos de canto lírico no Conservatorio Profesional de Música de Lugo. En 2012, asume a dirección do Orfeón á xubilación do director Xesús Mato, compatibilizando este labor coa dirección doutros grupos vocais da cidade e coa colaboración como barítono solista en conxuntos como a Agrupación Lírica Encantandos de A Coruña ou a Aula de canto da Escola de música de Fingoi en Lugo.