Música no Camiño Primitivo – Quinto concerto
Concertos no Camiño – Música no Camiño Primitivo
10 Agosto 2022
21:00
Lugo - Catedral de Santa María

Concentus Lucensis
Roman Perucki, órgano

Olivaer Tabulatur (ca 1619)
Anonim Chorea
Para órgano

Francisco Guerrero (1528-1599)
Ave, virgo sanctissima
Para coro a capela

Daniel Magnus Gronau (1685-1747)
Partita «In dich habe ich gehoffet»
Para órgano

Tomas Luis de Victoria (1548-1611)
Taedet animam meam
Para coro a capela

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Fantasía en la menor, BWV 561
Para órgano

Francisco Guerrero (1528-1599)
Virgen santa Para coro a capela

Alexandre Guilmant (1837-1911)
Marcha sobre un tema de Haendel
Para órgano

Anónimo (siglo XV)
There is no rose
Para coro a capela

Marco Enrico Bossi (1861-1925)
Interludio lírico
Para órgano

Francisco Guerrero (1528-1599)
Niño Dios, d’amor herido
Para coro a capela

Tomas Luis de Victoria (1548-1611)
Sancta Maria succurre miseris
Para coro a capela

Zbigniew Kruczek (*1952)
Preludio e Fuga «March»
Para órgano

Roman Perucki
Graduouse en 1985 co mestre Leon Bator na Academia de Música de Gdańsk, onde actualmente ocupa o cargo de profesor de órgano. Continuou os seus estudos en clases maxistrais en Polonia e no estranxeiro. É organista principal da Catedral de Gdańsk Oliwa, director xeral da Orquestra Filharmónica do Báltico (coa súa nova sede no Centro de Congresos de Gdańsk; www.filharmonia.gda.pl), presidente da Sociedade Música Sacra e da Sociedade de Amigos da Catedral de Gdańsk Oliwa. Colaborou na construción de novos instrumentos en Gdańsk e arredores. O mestre Roman Perucki é o director do Festival Internacional de Órgano da Catedral de Oliwa, o máis antigo de Polonia, e da Competición Internacional J.P. Sweelinck, así como doutros ciclos internacionais de órgano (en Gdańsk, Frombork, Jastarnia, Stegna, Rumia, Jastrzębia Góra e Żarnowiec). É membro do xurado de moitas competicións de órgano en Polonia e no estranxeiro (Francia, Rusia). Tamén imparte clases maxistrais en Polonia, Portugal, México, Croacia, Rusia e Francia. Na actualidade leva realizados máis de 2.500 concertos de órgano: recitais como solista, acompañado por orquestras de cámara e sinfónicas, concertos para solista e dobres concertos; interpretando, entre outros, coa súa muller Maria Perucka (violinista). Actuou por toda Europa, Rusia, Xapón, China, México, EUA e Australia. Tocou en Notre-Dame en París, na Catedral de Gent, no Teatro Mariinsky en San Petersburgo e nas máis famosas salas de concertos e igrexas do mundo. Ten publicados numerosos CD. Gravou para a radio e televisión nacional polaca e, así mesmo, para produtores de fonogramas e medios de comunicación estranxeiros. Recibiu o Premio da Cultura do Ministerio de Cultura de Polonia, moitos galardóns das autoridades da Cidade de Gdańsk, a máis alta distinción do Vaticano Pro Ecclesiae et Pontifice e a Orde de San Silvestre, pola cal sente un gran aprecio.

Concentus Lucensis
O Concentus Lucensis é un grupo vocal nado dos fecundos encontros artísticos que teñen lugar durante as edicións do Festival Internacional de Órgano e do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orfeón Lucense e do Gruppo Vocale S. Bernardo, agrupación que desenvolve a súa actividade principal entre Saronno (Italia) e Lugano (Suíza). O Concentus Lucensis canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte vocal, abordando un extenso repertorio, cunha predilección particular pola polifonía renacentista.