Música no Camiño Primitivo – Primo concerto
Concertos no Camiño – Música no Camiño Primitivo
15 Luglio 2022
21:00
Lugo - Igrexa do Carme

Solo Voces
Fernando Gómez Jácome, director
Giuseppe Nova, frauta
Giulio Mercati, órgano positivo

Georg Friedrich Händel (1685-1759)
Dank sei dir, Herr
Para frauta, coro e órgano

Anton Bruckner (1824-1896)
Locus iste
Para coro a capela

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Sonata en do maior
para frauta e baixo continuo, BWV 1033
Andante-Presto, Allegro, Adagio, Minueto, Minueto 

Jehan Alain (1911-1940)
Misa Modal
Kyrie, Gloria, Sanctus-Benedictus, Agnus Dei
Para frauta, coro e órgano

Jouzas Naujalis (1869 -1934)
In monte oliveti
Para coro a capela

Carl Philipp Emanuel Bach (1714-1788)
Sonata «Hamburger»
para frauta e baixo continuo
Allegretto, Rondo

Xoán Montes (1840-1899)
Misa na honra do Apóstolo Santiago (fragmentos)
Kyrie, Gloria, Sanctus-Benedictus, Agnus Dei
Para coro e órgano

Xoán Montes (1840-1899)
Genitori genitoque
Para coro a capela

W.A. Mozart (1756-1791)
Ave Verum corpus
Para coro e órgano

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Jesu bleibet meine Freude
Para frauta, coro e órgano

Giuseppe Nova
As interpretacións de Giuseppe Nova foron enxalzadas en publicacións internacionais. O Washington Post chamou as súas interpretacións «encantadoras». Outros críticos escribiron: «brillante interpretación… un extraordinario sentido musical» (Il Giornale); «unha máxica mostra de virtuosismo» (Gazzetta del Sud); «Arte musical na súa perfección» (Nice Matin, Francia); «un diálogo levado con xenialidade» (Nürtinger Zeitung, Alemaña); «un estilo propio» (Secolo xix); «simplemente divino…» (Concert Reviews UK); «refinada musicalidade» (The Sunday Times Malta); «Canino e Nova para unha velada de fortes emocións… a habilidade, ademais, a clase dos dous artistas» (Mensile della Lombardia); «sobrio, encantador e elegante, decidido a baleirar, coma se se tratase dunha cornucopia, a súa frauta das perlas musicais que contén» (HubCulture); «o público aplaudiu durante moito tempo aos intérpretes principais, Maxence Larrieu e Giuseppe Nova, enfoque de admirable calidade cunha fluída e doce interpretación» (L’Arena di Verona). Graduouse no Conservatorio de Turín e no Conservatorio Superior de Lión onde estudou co celebrado Maxence Larrieu. Foi descrito coma un dos máis destacados frautistas italianos da súa xeración, Nova, fixo o seu debut como solista en 1982 coa Orquestra Sinfónica da RAI. Isto marcou o comezo dunha brillante carreira que o levou ás salas de concertos máis prestixiosas de Europa, Estados Unidos e Asia (Xapón, Tailandia, China, Corea e Singapur). É solista con varias orquestras coma a Prague Virtuosi, Orquestra do Teatro Nacional de Praga, Camerata Bohemica, Orquestra da Arena di Verona, Real Orquestra de Cámara de Wallonie, Ensemble de Tokio, Orquestra de Cannes Côte d’Azur, Filharmónica de Turín, Tübinger Kammerorchester, Filharmónica de Tailandia, Orquestra Sinfónica de Bohemia Occidental, Orquestra de Chesapeake, Orquestra Sinfónica de Astana, Orquestra Sinfónica de Sanremo, Orquestra Filharmónica Morava, en prestixiosas salas e festivais, coma os Suntory Hall, Kioi Hall e Hamarikyu Hall en Tokio, Parco della Musica de Roma, Sala Dvorak e Rudolfinun en Praga, Lotte Concert Hall e Centro das Artes de Seúl, Teatro Filharmónico en Verona e Serate Musicali en Milán. Ensinou na Academia de Pescara, na Academia das Artes en Roma, na Escola de Saluzzo e visitando artistas no St. Mary’s College de Maryland, EUA. Realizou numerosas gravacións, algunhas delas coa Camerata Tokyo e Universal. Giuseppe Nova recibiu o Premio Internacional de Múscica de Cámara en Kioto, interpretou no G20 na Cidade de Guatemala, recibiu en Praga o European Award for Artistic and Cultural Activities e en 2018 foi nomeado BMIMF Best Artist no Festival Internacional Korean Busan Maru. Foi convidado ao Conservatorio de Lausana e ao Conservatorio Superior de Lión como tribunal para licenciaturas e mestrados en graos artísticos. Agora é mestre no Conservatorio de la Vallée d’Aoste.

O Grupo Vocal Solo Voces foi fundado en Lugo no ano 1992 polo seu actual director, Fernando Gómez Jácome, coa idea de facer repertorio a capela por un lado de arranxos de música moderna e por outro da interpretación da música antiga. Co tempo converteuse nun coro de cámara que lle permitiu acceder a outro tipo de repertorio, especializándose na recuperación da música vocal galega, tanto a capela como colaborando coas principais orquestras galegas: Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Vigo 430, e outras formacións como a Orquestra clásica de Xove ou o Orpheon Consort de Viena e instrumentistas como os organistas Juan de la Rubia, Arturo Barba, Inge Beck, Ulrike Northoff, Gabriele Giacomelli e Giulio Mercati. Tamén ten investigado e realizado en concertos repertorios dos arquivos de música da Catedral de Lugo e do Seminario Diocesano de Lugo, esencialmente de músicos locais como Xoán Montes e Juan Antonio Moreno Fuentes. Ten participado en Festivais de Música como o IX Certame de Música Sacra de Ourense, diversas edicións da Semana de música do Corpus lucense e do Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, VII Bienal de polifonía regional autóctona (Cangas de Onís), II e VI Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Temporada de Música Antiga no Douro en Lamego (Portugal). Tamén destaca a participación no II Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STELLAE e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS, que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.

Fernando Gómez Jácome iniciouse na música con Xosé Castiñeira á idade de 14 anos. Aínda que a súa formación musical é basicamente autodidacta formouse en dirección coral con mestres nacionais e internacionais como Manel Cabero, Javier Busto, Julio Domínguez, Carl Høgset ou Fernando Eldoro, e en técnica vocal con Antón de Santiago, Montserrat Pueyo, Kevin Smith, entre outros. Ten impartido seminarios, cursos e obradoiros de música coral na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e para outras institucións. Nos últimos anos forma parte do equipo docente do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo. No 1992 fundou o grupo vocal Solo Voces e na actualidade dirixe varias formacións corais na cidade de Lugo.