Festival Organistico del Corpus Christi – Secondo Concerto
Concertos no Camiño – Festival internacional de música de órgano do Corpus Christi
10 Giugno 2022
21:00
Lugo - Iglesia de San Pedro

Felix Vogelsang, violoncello
Concentus Lucensis
Ismaele Gatti, organo positivo
Stefano Molardi, direzione

Johann Ludwig Bach (1677-1731)
Das ist meine Freude, JLB 28

Jan Pieterszoon Sweelinck (1562-1621)
Pseaume 150: Or soit loué l’Eternel

Francisco Guerrero (1528-1599)
Ave, virgo sanctissima

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Suite n. 2 in re minore, BWV 1008
Preludio, Allemanda, Corrente, Sarabanda, Minuetto I e II, Giga

Francisco Guerrero (1528-1599)
Virgen santa

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Singet dem Herrn ein neues Lied, BWV 225

Felix Vogelsang
Nado en 1975 en Paderborn (Alemaña), estudou co mestre Wick na renomeada Universidade de Música de Hannover. Sobresaíu na súa titulación de solista co summa cum laude. Un programa xunto cunha beca do estado de Niedersachsen permitiulle traballar como asistente do mestre Wick durante tres anos. Logo de gañar experiencia orquestral na European Union Youth Orchestra, na Detmolder Kammerorchester e na Radiophilharmonie des NDR de Hannover, recibiu apoio para realizar proxectos como solista ademais dos seus abundantes compromisos como músico de cámara xunto a artistas como Mstislav Rostropovich, Anner Bylsma, Boris Pergamenschikov e Sir Colin Davis. A súa carreira levouno por toda Europa, Chile, Sudáfrica e Estados Unidos, onde realizou o seu debut na cidade de Nova York en 2002 co pianista Christopher Cooley no Alice Tully Hall. Na primavera de 2005 tocou como solista coa Deutsches Kammerorchester na Philharmonie de Berlín baixo a batuta de Markus Poschner. É convidado regularmente a festivais coma o Festival Braunschweig Classix, o Vinschgauer Musikwochen, o Festival de Chaillol ou o Ceresio Estate, entre outros. Felix Vogelsang foi galardoado na Competición Internacional D. Shostakovich (terceiro premio), na Competición Internacional de Violonchelo de Liezen (Austria, primeiro premio), na competición Junge Ensembles Musizieren (premio especial) e no Festival de Pietany (Eslovaquia, primeiro premio e premio do público). Foi durante nove anos membro do Erasmus Trio (trío de piano) e máis adiante do Hannover String Quartet. Como membro fundador do Energie Nove String Quartet gravou para a televisión nacional suíza así como varios CD coas obras para cuarteto de Prokofiev, Smetana e Janaček. En colaboración co famoso violinista Vladimir Mendelssohn gravou os dous quintetos de corda de Johannes Brahms. Todas estas gravacións foron moi eloxiados pola prensa internacional. Vogelsang foi asistente do violonchelo principal na Orchestra della Svizzera Italiana dende 2004, e director artístico do festival Note di Primavera en Ronco sopra Ascona dende 2020. Como membro do PE-Förderungen toca cun violonchelo de Don Nicolo Amati de 1730. Sir Bernhard Haitink: «Felix Vogelsang é un sobresaínte chelista da súa xeración, as súas interpretacións están cheas de fantasía e, aínda así, sempre serven ás ideas do compositor».

Stefano Molardi
Nado en Cremona en 1970, graduouse en órgano e clavicémbalo. Ademais realizou un grao (obtendo a máxima cualificación) en Musicoloxía na Universidade de Cremona presentando unha tese sobre La Nativité du Seigneur de Olivier Messiaen. Realizou os seus estudos con Kooiman, Stembridge, Vogel e Tagliavini, complementando a súa formación en clases maxistrais con M. Radulescu na Hochschule für Musik en Viena entre 1996 e 1999. Colaborou con Radulescu ao baixo continuo na Acadèmie Bach en Porrentruy (Suíza). Recibiu o primeiro premio na Competición Internacional de Órgano de Pasian di Prato (Udine), e no Concurso Nacional Città di Viterbo. Foi tamén premiado noutras competicións nacionais e internacionais, incluíndo Bruxas (Bélxica) e a prestixiosa Paul Hofhaimer de Innsbruck. Logo, completou a súa formación no campo da música de conxunto e dirección con Pierangelo Gelmini e Andrea Marcon. Tanto como solista como continuísta, Molardi é un intérprete activo e participou en importantes festivais de música en Italia (Musica e Poesia in S. Maurizio, Teatro La Fenice, Venecia) e noutros países europeos (Ámsterdam, Conzertgebow, Utrecht, Rotterdam, Barbican Centre de Londres), e tamén nos Estados Unidos (Walt Disney Concert Hall de Los Angeles, Jordan Hall de Boston, Carnegie Hall de Nova York), Brasil (Sala São Paulo). Molardi ensina órgano, clavicémbalo e música de cámara na Escola Universitaria de Música de Lugano (Suíza). Imparte clases maxistrais e conferencias sobre música barroca en Suíza, Hungría, Italia, Alemaña, España e Xapón. Ten, ademais, unha completa axenda de concertos, aparecendo en numerosos festivais nacionais e internacionais, tanto en Italia coma noutros países europeos: Festival Internacional de Payerne (Suíza), Wiener Orgelkonzerte (Austria), Europäische Orgelmusik Nürnberg, Festival C. Monteverdi de Cremona, Festival Treviso, Musica e Poesia in S. Maurizio, Festival Internacional de Maastricht, Arnstadt, Gräfenhain, Magadino, Tokio, Zaragoza e Xénova, entre outros. Entre 2005 e 2013, Molardi dirixiu a agrupación I Virtuosi delle Muse. Como director interpretou: a ópera Ademira de Lucchesi (Bibbiena, Italia, decembro de 2006), Mitridate de Porpora (Teatro de Valladolid, España, marzo de 2007), a Pasión segundo San Mateo e a Pasión segundo San Xoán de Bach (igrexa de S. Cristoforo, Ferrara, abril de 2007), Magnificat (Ferrara, igrexa de S. Giorgio), Farnace e Giustino de Vivaldi (Theater an der Wien en Viena e en París, Teatro dos Campos Elíseos), concertos en Bilbao, Viena (Theater an der Wien), Oldenburg, Cremona (Festival Monteverdi), Rheingau, Nantes, Orleáns, Múnic, Innsbruck, París, Schwetzingen, Montpellier, Venecia, Miami, Estambul e outros. Gravou para Christophorus, Tactus, Divox e Deutsche Grammophon. Pola súa última gravación, Molardi recibiu moitas valoracións positivas dos críticos musicais (Amadeus, Early Music) e importantes premios internacionais (cinco «diapasóns» do xornal francés, cinco estrelas Goldberg). Tocou en 2008 e en 2009 en Lugano as obras completas para órgano de C. Franck e F. Liszt. Gravou en 2013 as obras completas para órgano de J.S. Bach, en quince CD para a discográfica Brilliant Classics, en órganos históricos en Alemaña. En 2015 a súa gravación de J. Kuhnau recibiu o premio Deutsche Schallplatten.

Concentus Lucensis
O Concentus Lucensis é un grupo vocal nado dos fecundos encontros artísticos que teñen lugar durante as edicións do Festival Internacional de Órgano e do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo. Os seus compoñentes son os mestres e solistas principais do coro lucense Solo Voces, do Orfeón Lucense e do Gruppo Vocale S. Bernardo, agrupación que desenvolve a súa actividade principal entre Saronno (Italia) e Lugano (Suíza). O Concentus Lucensis canta principalmente a partes reais, é dicir, cunha soa persoa para cada parte vocal, abordando un extenso repertorio, cunha predilección particular pola polifonía renacentista.