Festival Organistico del Corpus Christi – Quinto Concerto
Concertos no Camiño – Festival internacional de música de órgano do Corpus Christi
15 Giugno 2022
21:00
Lugo - Catedral de Santa Maria

Solo Voces
Fernando Gomez Jácome, director
Vibeke Astner, órgano

Heinrich Scheidemann (c. 1595-1663)
Es ist gewisslich an der Zeit
Para órgano

Juan Antonio Moreno Fuentes (1904 – 1987)
Ave Regina*
Para coro y órgano

Estrella del mar*
Para coro y órgano

Jan Pieterszoon Sweelinck (1562-1621)
Malle sijmen
Para órgano

Anonymous
Daphne, 3 versus
Para órgano

Edvard Grieg (1843 – 1907)
Ave maris stella
Para coro a cappella

Francisco de Peraza (1564-1598)
Tiento de Registro alto de 1. Tono
Para órgano

Anton Bruckner (1824 – 1896)
Locus iste
Para coro a cappella

Sebastián Aguilera de Heredia (ca. 1565-1627)
Tento de registo baixo
Para órgano

Jouzas Naujalis (1869 – 1934)
In monte oliveti
Para coro a cappella

Hans Mattheson-Hansen (1807-1890)
Fantasia n. 5: Hvor salig er den lille flok
Para órgano

Georg Leitung (n. 1967)
Christus natus est pro nobis
Para coro a cappella

Cesar Franck (1822-1890)
Andantino

Bob Chilcot (n. 1955)
Were you there?
Para coro a cappella

Juan Montes Capón (1840 – 1899)
Genitori *
Para coro a cappella

Dietrich Buxtehude (1637-1707)
Fuga, BuxWV 174

César Frank (1822 – 1890)
Tantum ergo
Para coro y órgano

Panis angelicus
Para coro y órgano

* Obras del archivo de la S.I.C.B. de Lugo

Vibeke Astner
Vibeke Astner realiza concertos por toda Europa como solista e como música de cámara e interpreta un repertorio moi variado. Estudou órgano e dirección na Real Academia Danesa de Música en Copenhagen. Pouco despois, obtivo a súa titulación de concertista solista no Conservatorio de Amsterdam, estudando co mestre J. v. Oortmerssen. Posteriormente especializouse nas obras de Messiaen co mestre Rössler en Dusseldorf e improvisación co mestre Dankzagmüller en Lübeck. Realizou numerosas retransmisións para a radio e televisión Danesa. Foi premiada como música de cámara nas competicións da Radio Danesa. Os seus sete CD Early organ music, Danser med orglet 2, Bach — a quiet hour, Danser med orglet (transcricións para dous organistas), Danish Romantic organmusic (tocando en instrumentos históricos daneses), Les corps glorieux (música de O. Messiaen) e Virtuos musik fra Venedig (música de cámara) foron recibidos con grandes eloxios en Escandinavia e son habitualmente retransmitidos na Radio Nacional Danesa. Os seus próximos CD publicaranse en agosto de 2022.

O Grupo Vocal Solo Voces foi fundado en Lugo no ano 1992 polo seu actual director, Fernando Gómez Jácome, coa idea de facer repertorio a capela por un lado de arranxos de música moderna e por outro da interpretación da música antiga. Co tempo converteuse nun coro de cámara que lle permitiu acceder a outro tipo de repertorio, especializándose na recuperación da música vocal galega, tanto a capela como colaborando coas principais orquestras galegas: Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Vigo 430, e outras formacións como a Orquestra clásica de Xove ou o Orpheon Consort de Viena e instrumentistas como os organistas Juan de la Rubia, Arturo Barba, Inge Beck, Ulrike Northoff, Gabriele Giacomelli e Giulio Mercati. Tamén ten investigado e realizado en concertos repertorios dos arquivos de música da Catedral de Lugo e do Seminario Diocesano de Lugo, esencialmente de músicos locais como Xoán Montes e Juan Antonio Moreno Fuentes. Ten participado en Festivais de Música como o IX Certame de Música Sacra de Ourense, diversas edicións da Semana de música do Corpus lucense e do Festival de Órgano do Corpus Christi de Lugo, VII Bienal de polifonía regional autóctona (Cangas de Onís), II e VI Ciclo de Música Sacra de São Pedro de Rates (Portugal), Temporada de Música Antiga no Douro en Lamego (Portugal). Tamén destaca a participación no II Festival de música de Compostela e os seus camiños VIA STELLAE e no Ciclo de música vocal de ESPAZOS SONOROS, que o consolida como unha agrupación de peso no panorama musical galego.

Fernando Gómez Jácome iniciouse na música con Xosé Castiñeira á idade de 14 anos. Aínda que a súa formación musical é basicamente autodidacta formouse en dirección coral con mestres nacionais e internacionais como Manel Cabero, Javier Busto, Julio Domínguez, Carl Høgset ou Fernando Eldoro, e en técnica vocal con Antón de Santiago, Montserrat Pueyo, Kevin Smith, entre outros. Ten impartido seminarios, cursos e obradoiros de música coral na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e para outras institucións. Nos últimos anos forma parte do equipo docente do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo. No 1992 fundou o grupo vocal Solo Voces e na actualidade dirixe varias formacións corais na cidade de Lugo.