Festival Organistico del Corpus Christi – Quarto Concerto
Concertos no Camiño – Festival internacional de música de órgano do Corpus Christi
13 Giugno 2022
21:00
Lugo - Catedral de Santa Maria

Orfeón Lucense
Marcos Fernandez Mosquera, director
Wolfgang Kleber, órgano

Johann Pachelbel (1653-1706)
Toccata und Ciacone in D
Para órgano

Pierre de la Rue (1452 -1518)
O salutaris Hostia
Para coro a cappella

Johan August Söderman (1832-1876)
Virgo gloriosa
Para coro y órgano

Johann Sebastian Bach (1685-1750)
Praeludium und Fuge G-dur, BWV 541
Para órgano

Theodore Dubois (1837-1924)
Adoramus te, Christe
Para coro y órgano

Johannes Brahms (1833-1897)
Geistliches Lied, Op. 30
Para coro y órgano

Johannes Brahms (1833-1897)
Fuge As-moll
Para órgano

Ola Gjeilo (1975-)
Ubi caritas
Para coro a cappella

Jose Castiñeira Pardo (1928-1989)
Proclama mi alma
Para coro y órgano

Felix Mendelssohn Bartholdy (1809-1847)
Sonate 5 D-dur
Andante, Andante con moto, Allegro maestoso
Para órgano

Charles Villiers Stanford (1852-1924)
O for a closer walk with God
Para coro y órgano

Wolfgang Kleber
Wolfgang Kleber (Idstein, Alemaña), exalumno de Edgar Krapp, foi dende 1985 organista e director musical na Pauluskirche en Darmstadt; anteriormente tivo os mesmos roles na Kreuzkirche en Wiesbaden. En 1982 gañou o Johann-Pachelbel-Preis en Nuremberg. En 2010 foi galardoado co Darmstadt Music Prize. Publicou varios CD coas súas interpretacións ao órgano. Como solista realiza recitais en tódolos continentes. Así mesmo, toca frecuentemente con cantantes e outros músicos, por exemplo, co Trio Insolito. Como compositor foi maiormente influenciado por Hans Ulrich Engelmann quen foi un dos seus mestres na Musikhochschule en Frankfurt am Main. As súas composicións máis importantes son os oratorios Tefilla, Weg-Farben e Der Himmel über Sodom que foron interpretados en Berlín, Darmstadt, Frankfurt am Main, Xerusalén, Haifa, Cairo, Stuttgart e Dortmund.

Orfeón Lucense
O Orfeón Lucense, que ten como antecedente o fundado no século XIX polo ilustre compositor Xoán Montes, é un grupo coral creado en 1982 en Lugo polo sacerdote e compositor Xosé Castiñeira Pardo, quen foi mestre da capela da Catedral de Santa María de Lugo e un destacado promotor da vida musical e cultural da cidade. A súa condición de coro titular da Catedral explica o peso da música sacra no repertorio do grupo, non en van un dos motivos da fundación foi a creación dun conxunto permanente de voces que lle dese relevancia e brillo á liturxia e outras celebracións da Catedral. Neste sentido, o desexo dos sucesivos directores de incorporar ao repertorio de pezas en varios idiomas, e de autores tanto españois como internacionais, desde Mozart a Kodaly, desde Dvorák ás Cantigas de Afonso X o Sabio, non limitado ao consagrado e coñecido nin a unha certa época histórica. Pero para o Orfeón Lucense a música secular é tan importante como a música relixiosa. Se en 1992 interpretou Non chores Sabeliña cun notable éxito de público, hoxe en día é frecuente a presenza de pezas corais de zarzuelas, así como a interpretación de pezas tradicionais galegas. No 2009, comezou unha decisiva etapa baixo a dirección de Xesús Mato Mato, prestixioso musicólogo e activista musical e social, que transmitiu ao Orfeón a alegría e vivacidade que o caracterizan, unindo á formación e fortalecendo a súa vocación de Coro oficial da Catedral lucense e agrupación senlleira na provincia de Lugo. Desde 2012 é o seu director Marcos Manuel Fernández Mosquera que emprendeu a tarefa de renovar con rigor a través da incorporación de novas voces e a ampliación do repertorio con novos estilos e formas musicais, pero sen desvirtuar nin perder de vista a propia identidade da agrupación.

Marcos Manuel Fernández Mosquera
Natural de Oviedo, é nesta cidade onde contacta por primeira vez coa música coral formando parte como neno cantor da Escolanía del Cristo de las Cadenas. En 1992, trasládase a Lugo e entra a formar parte do Orfeón Lucense onde, animado polo daquela director Nemesio Gutiérrez, realiza estudos de canto lírico no Conservatorio Profesional de Música de Lugo. En 2012, asume a dirección do Orfeón á xubilación do director Xesús Mato, compatibilizando este labor coa dirección doutros grupos vocais da cidade e coa colaboración como barítono solista en conxuntos como a Agrupación Lírica Encantandos de A Coruña ou a Aula de canto da Escola de música de Fingoi en Lugo.