Festival Organistico del Corpus Christi – Primo Concerto
Concertos no Camiño – Festival internacional de música de órgano do Corpus Christi
7 Giugno 2022
21:00
Lugo - Catedral de Santa Maria

Enrico Zanovello, órgano
Giulio Mercati, órgano

Luigi Cherubini (1760-1842)
Sonata per due Organi – 1780

Joseph Schuster (1748-1812)
7 Variazioni per due organi

Marian Müller (1724-1780)
Sonata per la Pentecoste
Sonata per il Santo Natale

Richard Wagner (1813-1883)
Da: Die Meistersinger von Nürnberg
Vorspiel
Trascrizione di August Reinhard (1831-1912) – Uxío Domínguez

Nicolas Sabas Gallardo (1805-1849)
Concierto de 8º tono para visperas clasicas

Giuseppe Verdi (1813-1901)
Finale a due organi dall’opera Aida
Trascrizione di Francesco Canneti (1807-1884)

Enrico Zanovello
Nado en Vicenza en 1963, graduouse en órgano e composición con Stefano Innocenti e en clavicémbalo con Andrea Marcon. Concorrentemente levou a cabo estudos na Universidade de Artes e Filosofía de Padova especializándose en Historia da Música e dedicándose á investigación da música dos séculos xvii e xviii. Extremadamente activo coma organista solista así mesmo coma parte de agrupacións meirandes, actúa frecuentemente en importantes festivais de órgano e nas principais catedrais de Italia, Francia, Alemaña, Suíza, Finlandia, Dinamarca, Polonia, Suecia, Países Baixos, España, Bélxica, República Checa, Austria, Escocia, Baleares, Rusia, Exipto, Arxentina, Uruguai e Estados Unidos. Os seus concertos foron retransmitidos por varias emisoras de radio internacionais. Profesor de órgano e clavicémbalo no Conservatorio de Música de Vicenza, tamén é o director do Coro e Orchestra Barocca Andrea Palladio dende 1990 co cal interpreta tódalas composicións sacras de G. F. Händel. Ademais, é convidado con frecuencia a inaugurar instrumentos históricos restaurados e instrumentos modernos, coma o órgano Rieger do Mosteiro de San Salvador en Xerusalén. Recibiu numerosos recoñecementos como organista asesor, tratando a restauración de instrumentos históricos e a construción de órganos novos. Regularmente é convidado a ser xurado en competicións de órgano. Gravou numerosos CD, entre os cales se atopan a primeira gravación dos concertos para órgano e orquestra de Giuseppe Sammartini e, conxuntamente co violinista Giovanni Guglielmo, as sonatas e concertos para violín e clavicémbalo-órgano de G. Meneghetti. Recibiu diferentes premios coma o Coup de Coeur (máximo nivel) da revista belga Magazine de l’orgue e o recoñecemento «excepcional» da revista italiana Musica polo CD Organi storici del vicentino. Editou unha publicación de música italiana do século xviii; e gravou vinte CD para as discográficas Brilliant, Ricordi, Discantica, Tactus, Rivo Alto e Fugatto.